Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25793

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por tipo de destinatarios para o exercicio 2015 das axudas do Igape á primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 26 de novembro de 2013 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape á primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 229, do 29 de novembro de 2013) e procedeuse á súa convocatoria para o exercicio 2014, en réxime de concorrencia non competitiva.

Na dita resolución, no seu punto cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o número de solicitudes recibidas por tipo de destinatario e tratando de dar resposta á demanda de axuda, semella oportuno redistribuír os créditos orzamentarios segundo os destinatarios das axudas establecidas nestas bases.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Redistribúense os créditos orzamentarios por tipo de destinatario para as axudas do Igape á primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 229, do 29 de novembro de 2013), quedando establecidos do seguinte xeito:

Partida orzamentaria: 08.A1.741A

Nº conta

7708

7814

7451

Total

2014

95.000

4.000

1.000

100.000

2015

3.643.155

301.000

55.845

4.000.000

Total

3.738.155

305.000

56.845

4.100.000

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica