Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25898

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotación para a creación dun cemiterio en Prado.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 13 de marzo de 2014, acordou:

Primeiro. Desestimar as alegacións, presentadas por José Benito Sanmiguel Aguiar, con DNI 34506415-K, en relación co expediente do Plan especial de dotación para a creación dun cemiterio, polos motivos expresados no informe do arquitecto técnico do 12 de abril de 2013.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotación para a creación dun cemiterio no núcleo de Prado, parroquia Santa Cruz de Prado, no concello de Vilar de Barrio, cos condicionantes previstos no informe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que constan no acordo.

Terceiro. Publicar a aprobación definitiva, no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do plan especial no Boletín Oficial da provincia de Ourense. Todo isto en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares do plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

O acto de aprobación definitiva do citado plan foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 24 de abril de 2014.

A normativa urbanística e ordenanzas publicáronse no BOP de Ourense nº 106, do 10 de maio de 2014.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que poida estimar máis conveniente ao seu dereito.

Vilar de Barrio, 13 de maio de 2014

Julio Pérez Carballo
Alcalde