Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25894

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

ANUNCIO de información pública.

Cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e por petición de Manuel Alonso Payo, solicítase licenza para a legalización de taller de maquinaria agrícola nas Lagoas, deste termo municipal de Piñor (Ourense).

O expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais de luns a venres, de nove a catorce horas, por un período de vinte días hábiles, contados a partir da publicación deste edicto no DOG e no BOP de Ourense, para os efectos das posibles alegacións ou reclamacións contra el.

Piñor, 14 de maio de 2014

Francisco José Fraga Civeira
Alcalde