Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (54/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Constructora Eshor, S.L. e Galdino Rivas Romero contra Fadesa Inmobiliaria, S.A., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), admón. concursal de Fadesa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Fogasa e Tauro 2000, S.L., en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº 54/2008, acordouse notificar decreto de desistencia cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Parte dispositiva.

Téñense por desistidos Galdino Rivas Romero e Constructora Eshor, S.L. da súa demanda, e unha vez firme esta resolución, arquívese.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

E para que sirva de notificación a sociedade Tauro 2000, S.L. expídese o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial