Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 6 de xuño de 2014 Páx. 25754

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica o anexo A da Resolución do 3 de febreiro de 2014 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 3 de febreiro de 2014, a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra aprobou a resolución da renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2014, publicada no DOG nº 33, do 18 de febreiro de 2014.

Segundo. Esta resolución recolle determinadas previsións relativas a este aproveitamento específico e, entre elas, prevé no anexo A a relación de embarcacións e membros participantes no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2014.

Terceiro. O Servizo de Planificación da Subdirección de Investigación e Apoio Científico-Técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar propón, mediante informe do 7 de abril de 2014, determinadas modificacións relativas ao anexo A da Resolución do 3 de febreiro de 2014, con base na revisión dos antecedentes de plans anteriores. Estas modificacións que se propoñen non producen, en ningún caso, incremento no esforzo de pesca histórico no aproveitamento da anguía no río Ulla.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento vén determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como pola Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, e polo Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio.

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, prevé que a resolución de renovación dun plan de aproveitamento específico de anguía corresponde ás xefaturas territoriais con competencia en materia de pesca fluvial. En consecuencia, a competencia para modificación dunha resolución de renovación nesta materia corresponde igualmente ao dito xefe territorial.

Visto o expediente e de acordo co exposto dítase a seguinte

RESOLUCIÓN:

Modifícase a Resolución do 3 de febreiro de 2014 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2014, cuxo anexo A queda redactado tal e como se recolle nesta resolución.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 19 de maio de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO A

Relación de embarcacións e membros participantes no
Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla para o ano 2014

Nome da embarcación

Matrícula

Membros participantes no plan

Curota

VILL-3-4-02

Manuel Vidal Alcalde

Manuel Vidal Galbán

Paraná

VILL-3-12-96

José M. Figueira Deira

Peruco

VILL-3-9-98

Juan B. Vicente Romero

Juan Francisco Vicente Patiño

Conde I

VILL-3-9902

Baltasar Rodríguez Alcalde

Serafín Rubio Collazo

Xoana

VILL-3ª-13-92

Manuel Tembra Vilanova

José Manuel Tembra Domínguez

Cristina Cef Ordóñez

Ángeles

VIll-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Mª Carmen Portas Gago

Auxiliar Pesado

VILL 3ª - 8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

Camba

VILL-3ª-9.952

Cándido Vidal Buceta

Francisco Buceta Cascallar

Eu

VILL-3-10.223

Ramón Barreiro Blanco

Mª Manuela Outeiral Fandiño

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

Mª del Carmen

VILL-3ª-2.652

José Manuel Barreiro Portas

Francisco Barreiro Portas

Nena Cuarta

VILL-3ª-9.756

Manuel Agrasar de Villanueva

Ramón Agrasar de Villanueva

Tilocha

VILL-3ª-9.440

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

Tami Uno

VILL-3ª - 9-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

Mª Begoña Gerpe Jamardo

Espada

VILL-3- 9473

Jorge Rubio Collazo

Paula Comojo Moares

Somos Dos

VILL-3-9651

Eloy Vidal Galbán