Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de maio de 2014, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 1 de abril de 2014, ditada no expediente sancionador PO S 8/2014, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior, ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) Publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Pontevedra, 9 de maio de 2014

Mª de los Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO S 8/2014.

Denunciada: Marta Santomé del Río.

NIF: 73241058 L.

Establecemento: O Forno.

Enderezo: rúa Daniel Castelao, 31.

Localidade: Moaña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) da Lei 7/2011.

Resolución: 1 de abril de 2014.

Sanción: cento cincuenta euros (150 €).