Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 5 de xuño de 2014 Páx. 25666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S. A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal de diversos ámbitos das listas previas desta empresa pública.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas II, para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) en diversos ámbitos das categorías profesionais de xefe de brigada, peón especialista e peón, perfil prevención/defensa/extinción de incendios forestais.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre, vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2014

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.