Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25022

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o primeiro cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO
Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2014

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e os concellos de Lugo, O Corgo, Baralla e Becerreá para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

18.2.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

14.1.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Cangas para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

18.2.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación de Traballadores por Conta Propia-ATA Galicia para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

14.1.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Téxtil de Galicia-Atexga para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

14.1.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia-APE Galicia para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

13.2.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Federación de Cooperativas Sinerxia para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

13.4.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural da MAIV-Baixo Miño para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

13.4.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Terra de Trasancos-Cooperativa do Val para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

13.2.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Caixa Rural Galega, S.C.C.L.G. para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

18.2.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

5.4.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación Plataforma polo Emprego para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

13.3.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Concello de Cervo para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

5.4.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia-AIEGA para a adhesión á Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

5.4.2014

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Empresarial de Industrias Metalúrxicas de Galicia para a impartición de accións formativas relacionadas co sector naval.

Posta en marcha dun proxecto formativo para a activación da contratación na industria naval.

28.3.2014

1.119.088,50 €

Acordo de modificación do convenio de colaboración asinado o 24 de outubro de 2012 entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a acreditación da formación impartida pola Deputación provincial dentro do proxecto «aQuelando3».

Acreditación da formación impartida pola Deputación de Pontevedra relativa a diversas especialidades vinculadas á obtención de novos certificados de profesionalidade.

13.3.2014

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Chandrexa de Queixa.

Posta en funcionamento dunha residencia.

25.4.2014

1.650.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga), para a organización do evento TICSENIOR 2014.

Colaboración coa Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga), para a organización do evento TICSENIOR 2014, co obxectivo de constituír un foro de envellecemento activo.

13.3.2014

9.000,00 € (máis cesión de instalacións

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra) para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través do centro residencial con centro ocupacional, de atención ás persoas con discapacidade, da súa titularidade.

Colaboración da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, que a entidade Agasfra desenvolve a través do centro residencial con centro ocupacional, do que é titular.

12.2.2014

90.000,00 €

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para contribuír ao mantemento dos servizos que presta a través do centro residencial con centro ocupacional, de atención ás persoas con discapacidade, da súa titularidade.

Colaboración da Consellería de Traballo e Benestar no desenvolvemento e mantemento das actividades de atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, que a entidade Agasfra desenvolve a través do centro residencial con centro ocupacional, do que é titular.

11.4.2014

90.000,00 €

Acordo da prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas do máster en Dependencia e Xestión de Servizos Sociais.

Na data do 25 de abril de 2012 a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Universidade da Coruña asinaron un convenio de colaboración para a realización de prácticas do máster en Dependencia e Xestión de Servizos Sociais. O convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre os comparecentes cara a unha adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación do programa indicado e á formación práctica dos alumnos do posgrao, así coma as actividades complementarias deste, e ten unha vixencia dun ano desde a súa sinatura. Vixencia deste convenio: ata o 25.4.2015.

25.4.2014

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Pais e Persoas con Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento (Raiolas-Autismo Lugo) para o mantemento da entidade.

Mantemento da entidade.

23.4.2014

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades.

Financiamento de actividades dirixidas aos maiores: programas de formación, benestar e envellecemento activo, así como cultural, social e de xestión e proxección pública da federación.

23.4.2014

28.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades.

Financiamento de actividades.

22.4.2014

14.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación.

Mantemento da federación e financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas.

24.4.2014

18.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia e ás súas familias, e do mantemento da federación.

Financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia e ás súas familias, e do mantemento da federación.

24.4.2014

410.301,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades.

Financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento da confederación e das súas entidades.

25.4.2014

731.398,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

Financiamento das actuacións de tutela dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual.

29.4.2014

50.000, 00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (Feafes-Galicia), para o financiamento dos seus programas dirixidos ás persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade.

Financiamento dos programas dirixidos ás persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade.

29.4.2014

521.748,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Fademga Feaps Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Fademga Feaps Galicia.

Financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento da entidade.

30.4.2014

338.305,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Atención Temperá, para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos/as con discapacidade e ás súas familias.

Financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos/as con discapacidade e ás súas familias.

27.3.2014

225.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación.

Financiamento do mantemento da entidade, así como da coordinación coas asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Fagal.

28.4.2014

22.838,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para desenvolver un programa de orientación e mediación familiar.

Establecer as condicións polas que se rexerá o desenvolvemento dun programa de orientación e mediación familiar a través do servizo de Punto de Encontro Familiar na cidade da Coruña.

1.1.2014

50.183,50 €

Addenda pola que se prorroga o Convenio de colaboración subscrito o 16 de decembro de 2011 entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de prazas públicas do primeiro ciclo de Educación Infantil no marco do plan Educa 3 no ano 2011.

Financiamento de prazas públicas do primeiro ciclo de educación infantil no marco do plan Educa 3 no ano 2011.

27.2.2014

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación Instituto de Educación Continua (IDEC) da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, para a realización dun prácticum en centros dependentes desta consellería.

Establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o IDEC para a adecuada planificación, desenvolvemento e avaliación das prácticas establecidas polo plan de estudos do máster en Políticas Públicas e Sociais que unha alumna acollida en prácticas pola Consellería de Traballo e Benestar realizará na Subdirección Xeral de Familia e Menores da Xunta de Galicia durante o curso 2013/14.

27.2.2014

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

Realización por parte da Fundación Monte do Gozo dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, englobadas nun programa marco denominado Proxecto home, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas, atendendo, no marco de acción do II PGIS, especialmente aos principios de anonimato, voluntariedade e gratuidade de asistencia.

7.4.2014

135.786,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos a institucións asistenciais ou benéficas.

Realización por parte da Federación Gallega de Bancos de Alimentos dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos a institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade.

21.2.2014

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo.

Programa de actuación, denominado xenericamente Acceder, que versará especialmente sobre materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso ao emprego, accións de sensibilización dirixidas a empresarios, entes públicos e estudos e metodoloxías para aplicar aos programas de inclusión social.

18.12.2013

64.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Rois para a realización dun campo de traballo.

Realización dun campo de traballo de temática arqueolóxica do 1 ao 15 de agosto de 2014, no Castro de Socastro, concello de Rois (A Coruña) para 20 voluntarios.

31.3.2014

17.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Celanova para a realización dun campo de traballo.

Realización dun campo de traballo de temática audiovisual do 15 ao 30 de xullo de 2014, no Concello de Celanova (Ourense), para 25 voluntarios.

21.4.2014

12.655,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Muíños para a realización dun campamento de verán.

Realización do campamento de verán «Ocio e deportes náuticos no encoro das Conchas» en dúas quendas de oito días de duración, no concello de Muíños (Ourense), do 15 ao 22 de xullo e do 23 ao 30 de xullo, con 50 participantes por quenda.

21.4.2014

19.200,00 €