Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 3 de xuño de 2014 Páx. 25110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2009/0102-1 e outro máis.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que se sinala nel, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº expediente

Data resolución dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Norclima y Ventilaciones de Galicia, S.L.

Santiago de Compostela, A Coruña

RL 2009/0102-1
12760/2009/1/H

1 de abril de 2014

Artigos 14.2, 15.1 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Artigos 3.1 e números 4.1.2 e 4.2.1 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Artigo 12.16 b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

3.000 €

Reveirego Galicia Construcciones, S.L.

Arteixo, A Coruña

RL 2007/0056-1
1921/2006/1/H

30 de xaneiro de 2014

Artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 12.8 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

1.503 €