Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 2 de xuño de 2014 Páx. 24801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de maio de 2014 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/220/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento aos herdeiros de Consuelo Gómez Díaz para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/220/2013-RP1, en relación coas obras consistentes na instalación de casetas metálicas prefabricadas que se levan a cabo no lugar de Vilar, parroquia de Doniños, no termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística