Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24538

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenación de volumes dun predio sito na avenida das Carolinas.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 31 de marzo de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenación de volumes nunha leira sita na avenida das Carolinas, promovido por José Rey Abelenda en representación de Metalgráfica Gallega, S.A., e segundo a documentación redactada polo arquitecto Gerardo Seoane Fidalgo e desestimar as alegacións presentadas con base nos informes e documentación que consta no expediente.

Segundo. Remitir o expediente dilixenciado ao órgano autonómico competente para o seu coñecemento.

Terceiro. Publicar no prazo dun mes no DOG o acordo de aprobación definitiva, facendo constar no anuncio de aprobación definitiva a remisión da documentación

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (modificada pola Lei 15/2004; Lei 6/2008; Lei 18/2008; Lei 2/2010; Lei 15/2010 e Lei 9/2013) procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e o 6 de maio de 2014 remítese á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras unha copia dilixenciada de dous exemplares do estudo aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que a integran.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportuno.

Vilagarcía de Arousa, 20 de maio de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde