Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24536

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación da explotación dos servizos de tempada na praia de Nanín do concello de Sanxenxo.

Aprobado o prego unificado de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da explotación dos servizos de tempada na praia de Nanín do Concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da explotación dos servizos de tempada na praia de Nanín.

2. Duración do contrato: dúas (2) anualidades, 2014 e 2015, sen posibilidade de prórroga.

3. Orzamento mínimo de licitación: 791,34 €/ano con IVE.

4. Procedemento, tramitación e criterio de adxudicación: tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración, o prezo máis alto.

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 10ª e 11ª do prego respectivo.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Solvencias.

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración ou certificación dunha entidade financeira.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante unha declaración indicando que o quiosco cumprirá coas condicións sinaladas no prego.

9. Garantías: garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación polas dúas anualidades excluído o IVE.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.

Sanxenxo, 22 de maio de 2014

Catalina González Bea
Alcaldesa