Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Educativa, da exposición pública do proxecto do decreto polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia a exposición pública do proxecto do decreto polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía en xeral poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas ao proxecto deste decreto nos 15 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por medio do documento denominado «Contraste_Decreto_ep_.doc»
que deberá ser remitido ao enderezo de correo electrónico curriculoep@edu.xunta.es seguindo as instrucións que se indican no propio documento.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria