Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 8 de maio de 2014, da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-05.14, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo o acordo de incoación do expediente sancionador S-P-05.14, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba, en que concrete os medios de que pretenda valerse.

Advírtese a interesada de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

Juan Antonio Naveira Seoane
Subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-05.14.

Interesada: Karpin Vivenda, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Areal, 4, 1º, 36201 Vigo.

Feitos imputados: remocións de terra no edificio situado na rúa Poboadores, nº 24, no concello de Vigo, no ámbito de protección do conxunto histórico de Vigo.

Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.