Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2014/35-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: S.A.T. Terrablanca.

Domicilio social: A Cruz, nº 1, Aciveiro, Santa María, 36556 Forcarei.

Denominación: LMT de acometida ao CT para unha granxa en Rego dos Corzos.

Situación: Forcarei.

Descricións técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 100 metros de lonxitude, con orixe no apoio 2A(400)-12 da liña LAL805 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no centro de transformación que dará subministración a unha granxa en Rego dos Corzos, Vilaverde, Aciveiro, concello de Forcarei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra