Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 30 de maio de 2014 Páx. 24476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2014/050).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, 20 kV, CT, 400 KVA en rúa Felipe R. Cordero Carrete.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,236 km, con orixe en empalme que se vai realizar na LMTS SCY891 Ultrella 91, expediente: 39/06 entre os CS Tesouraría e o CS Estomatoloxía, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV - 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CS Estomatoloxía, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 6 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial