Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24183

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (601/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 601/13, por instancia de Leticia María Savio Eguez contra Due Botton, S.L., Gold Hotei Business, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou decreto cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistida a Leticia María Savio Eguez da súa demanda sobre cantidade fronte a Due Botton, S.L., Gold Hotei Business, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (art. 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpoñer recurso de 25 euros. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Due Botton, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 7 de maio de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial