Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24162

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 24 de abril de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro de 2014 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG núm. 71, do 11 de abril), pola que se nomean os membros do tribunal encargados de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), acordou que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 6 de xuño, e que o lugar de realización será a aula 1 e o salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2014

Fernando García-Fente Varela
Presidente do tribunal