Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 28 de maio de 2014 Páx. 24161

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de maio de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

Presentadas as renuncias dun vogal titular e da secretaria suplente do tribunal encargado de cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocados polas ordes da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Tomás Paz Doniz como vogal titular e por María del Rosario Posada Castro como secretaria suplente do tribunal encargado de cualificar os procesos selectivos ordinario e extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a Manuel Ángel Pérez Losada, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia e como secretario suplente a Fernando González Abeijón, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda