De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por descoñecerse o domicilio actual, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento para declarar a perda do dereito á axuda do expediente núm. 02/15/09/00083, de axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola, ano 2009.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 10 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado na mesma forma anterior, de acordo co disposto nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014
Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria
Anexo
Expediente: núm. 02/15/09/00083.
Interesado: José Antonio Méndez Corral.
Acto de notificación: resolución do procedemento para declarar a perda do dereito á axuda.
Último enderezo coñecido: Fonte Santaia, nº 4, Moar, 15686 Frades (A Coruña).