Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 27 de maio de 2014 Páx. 23913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración por prezo unitario de unidades de extracción de sangue (expediente 43/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de unidades de extracción de sangue, obtención de sangue para o diagnóstico de enfermidades animais.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19458

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 24 de agosto de 2013; BOE núm. 213, do 5 de setembro de 2013 e DOG núm. 175, do 13 de setembro de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Valor estimado: 545.250,00 €. Importe total: 299.887,50 € (IVE incluído ao 10 %).

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 30 de decembro de 2013.

b) Adxudicataria: Vacuette España, S.A.

c) Importe: 247.293,75 € (IVE incluído ao 10 %); prezo unitario sen IVE: 0,1199 €.

d) Data de formalización do contrato: 6.5.2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: acadou a maior puntuación na oferta técnica e presentou a mellor oferta económica.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar