Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a instalación e posta en marcha de tres novas salas de videoconferencia Accessgrid (expediente 2/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 23 de xuño de 2014.

d) Número de expediente: 2/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: instalación e posta en marcha de tres (3) nuevas salas de videoconferencia Accesgrid. Actualización de tres (3) salas de videoconferencia Accessgrid existentes a tecnoloxía HD.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: campus universitarios da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende. Ourense e Pontevedra.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 3 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 32000000-3 e CPA: 26.1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Oferta económica: 50 puntos.

2) Calidade da memoria técnica: 50 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 348.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 348.000 € + 73.080 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva (5 % do importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 30 de xuño de 2014.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B y C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo 36310.

4) Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.000 euros.

11. Otras informacións: Feder. Proxecto de referencia: UNVI08-1E-004, axuda correspondente ás liñas de actuacións en infraestrutura científico-tecnolóxica do Plan nacional de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica 2008-2011 e ao Programa nacional de infraestruturas científico-tecnolóxicas convocadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante as ordes PRE/660/2008, do 7 de marzo, e PRE1083/2008, do 11 de abril, baixo a modalidade combinada de anticipo reembolsable (Feder 70 %-). Data límite de xustificación dos fondos: 31.12.2014.

Vigo, 19 de maio de 2014

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo