Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 2 de maio de 2014 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 19 de decembro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 269 CO sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01263 (expediente 2012/003126).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Carmen Arévalo Pazos o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 19 de decembro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio nº 269 CO sito en Oleiros, relativo ao proxecto 01263, expediente 2012/003126, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01263-Modificado nº 1 vía Ártabra. Treito 1: N-VI enlace de Meirás e variante de Oleiros. Clave: AC/04/156.01.1-M1.

Nº expediente: 2012/003126.

Persoa que se notifica: Carmen Arévalo Pazos.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiada: Carmen Arévalo Pazos.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio Nº: 269 CO.

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado : 58,80 €.