Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 28 de abril de 2014 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 5 de decembro de 2013, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 3 sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 00946 (expediente 2010/004095).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a María Luisa Pasín Mato o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 5 de decembro de 2013, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio nº 3 sito en Santiago de Compostela, relativo ao proxecto 00946, expediente 2010/004095, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00946-Acceso ao SUP-2 (Cornes) desde a rúa García Prieto. TM Santiago de Compostela.

Nº expediente: 2010/004095.

Persoa que se notifica: María Luisa Pasín Mato.

Expropiante: Concello de Santiago de Compostela.

Expropiado: Comunidade Hereditaria de Jesús López Moure.

Beneficiario: Concello de Santiago de Compostela.

Predio nº: 3.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do xurado : 20.943,05 €.