Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 18 de marzo de 2014, relativa ao proxecto do parque eólico Órrea, no concello de Agolada (Pontevedra), promovido por Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.L.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 18 de marzo de 2014, relativa ao proxecto do parque eólico Órrea, no concello de Agolada (Pontevedra), promovido por Aldesa Energías Renovables de Galicia, S.L., e que se poderá consultar na
seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos
e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas