Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.
Domicilio social: r/ Virgen de La Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMT, CT, RBT San Vicente.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1 de 1.325 metros de lonxitude, con orixe no CM día e final no apoio 4ESO299 da LMT principal nº 17 Queidores-rest. Ponteareas, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en San Vicente, Ponteareas. Rede de baixa tensión aérea de 289 metros con condutor RZ.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 10 de abril de 2014
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra