Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 26 de maio de 2014 Páx. 23678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de maio de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-01189-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución que o xefe territorial ditou no expediente sancionador instruído por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Son informados de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará neste servizo de mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Ourense, 5 de maio de 2014

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01189-O-2013

M-6840-VB

Garda Civil 3203 T10323A

Disco Móvil Show, S.L.

B32259905

San Pedro de Triós, s/n

32170 O Pereiro de Aguiar

Ourense

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %

6.7.2013; 19.38; OU-533; 8

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros