Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 29 de abril de 2014 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 19 de decembro de 2013 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 5 sito en Ponte Caldelas, relativo ao proxecto 01148 (expediente 2011/003660).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar, mediante a presente cédula, a María Esmeralda Catarino Juncal o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 19 de decembro de 2013, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio nº 5 sito en Ponte Caldelas, relativo ao proxecto 01148, expediente 2011/003660, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01148 acondicionamento da estrada PO-255 Ponte Caldelas PO-250 (Forzáns) e PO-241. Treito: Caritel-A Lama. Clave: PO/07/033.01.

Nº expediente: 2011/003660.

Persoa que se notifica: María Esmeralda Catarino Juncal.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiada: María Esmeralda Catarino Juncal.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 5.

Concello: Ponte Caldelas.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 8.993,13 €.