Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 28 de abril de 2014 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto do predio número 2 sito en Ourense, relativo ao proxecto 00877 (expediente 2012002847).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles, mediante a presente cédula, ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00877, área de repartición 38-0, Rúa do Abrevadeiro. Exp. 194/09. TM Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Expropiante: Concello de Ourense (Neg. Xestión Urbanística).

Beneficiario: Concello de Ourense (Neg. Xestión Urbanística).

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Concha González Crespo

Ovidio Coego Vilariño e outros

30.1.2014

30.1.2014

2012002847

2012002847

02

02

174.560,41

174.560,41