Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de abril de 2014 pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas en expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (CTSAN1 2011/54-4 e dous máis).

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselles aos titulares de establecementos turísticos que a continuación se mencionan as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2011/054-4.

Sancionada: Viajes Miño España, S.L.

NIF nº: B94007440.

Último enderezo: rúa Casal Aboy, nº 1, baixo.

Localidade: Tui (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigos 70.h), 70.i) e 70.n) da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

Resolución: caducidade.

Expediente: CTSAN1 2011/061-4.

Sancionada: Rosa Blanco Blanco.

NIF nº: 36034681Y.

Último enderezo: lugar de Ponte Cabeiro, nº 15.

Localidade: Redondela (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 70.b) da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

Resolución: caducidade.

Expediente: CTSAN1 2012/020-4.

Sancionada: Viajes Miño España, S.L.

NIF nº: B94007400.

Último enderezo: rúa Casal Aboy, nº 1, baixo.

Localidade: Tui (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigos 70.h), 70.i) e 70.n) da Lei 14/2008, do 3 de decembro.

Resolución: caducidade.

Comunícaselle que as resolucións desta Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa sendo por tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia