Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de abril de 2014 pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas en expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (TUSAN1 2013/18-3 e dous máis).

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselles aos titulares de establecementos turísticos que a continuación se mencionan, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán examinar os seus expedientes e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2013/018-3.

Sancionado: Luis Dacasa Martínez.

NIF: 15491454B.

Último enderezo: rúa Conde Vallellano, nº 20.

Localidade: O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/032-4.

Sancionado: Viajes Miño España, S.L.U.

NIF: B94007440.

Último enderezo: rúa Casal Aboy, nº 1, baixo.

Localidade: Tui (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.19 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.500,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2013/034-4.

Sancionado: Lanzamar Empresa de Turismo, S.L.

NIF: B36037091.

Último enderezo: praia da Lanzada, s/n, Noalla.

Localidade: Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 110.3 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.500,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións desta Axencia Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa sendo por tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta axencia de turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia