Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 23 de maio de 2014 Páx. 23317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2013/195-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Instituto Benéfico Social Padre Rubinos.

Domicilio social: avda. Labañou, 10, 15011 A Coruña.

Denominación: CS, liña e CT de 1.000 kVA.

Situación: rolda de Outeiro.

Características técnicas: CS en caseta soterrada, con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A, 16 kA; en cabina metálica prefabricada. LMT soterrada de interconexión de 326 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×150 mm2 Al. Centro de transformación interior con transformador de 1.000 kVA, relación 15-20/0,42 kV, seco. Aparellaxe de seccionamento e protección en cabinas metálicas prefabricadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 16 de maio de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG núm.140, do 24 de marzo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial