Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23088

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 9 de maio de 2014 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Pola Orde do 25 de marzo de 2014, publicada no DOG número 72, do 14 de abril de 2014, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería, do 25 de marzo de 2014, e designar as persoas funcionarias, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocuparen os postos que tamén se especifican.

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 14 e 16.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Se na data en que deben cesar nos seus destinos os funcionarios están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando os adxudicatarios dos postos obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, a persoa titular da consellería onde obteñan os novos destinos os/as funcionarios/as poderá conceder unha prórroga de incorporación ata un máximo de vinte días hábiles, se o destino implica cambio de residencia e así o solicitasen os interesados por razóns xustificadas.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que obteñan destino, consignarán nos títulos administrativos, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Vázquez Moliní, Alejandro.

NRP: 5082645402 A2063.

Grupo: A/A1.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros agrónomos.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Seguimento e Supervisión de Proxectos.

Código: MR.302.00.001.15770.095.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Lúgaro Seco, Pablo.

NRP: 3267935046 A2077.

Grupo: A/A2.

Corpo/escala: facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Reforma das Estruturas.

Código: MR.302.00.001.15770.105.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.