Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios para seren notificados por comparecencia na resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Maceda-Orois (Melide-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, r/ Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 8 de maio de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 21 de febreiro de 2014 de modificación do Acordo de concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois (Melide-A Coruña).

Interesados/as:

Piñeiro Frades, Socorro.

Costoya Novo, Hortensio.

Carril Rúa, Dolores.

López Agra, Jesús.