Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 22 de maio de 2014 Páx. 23187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 5 de maio de 2014 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 12-30-13-06.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a José Manuel Pasantes Castiñeiras, con último domicilio coñecido en San José, s/n, 15123 Camariñas (A Coruña), mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 11 de abril de 2014, acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 15 de xaneiro de 2014, recaída no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 12-30-13-06.

O citado acordo constitúe unha resolución que esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contecioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Para os efectos de coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas no polígono das Fontiñas, praza Europa, 5A-6º (Santiago de Compostela), entre as 9.00 e as 14.00 horas.

E para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia