Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da UA 8.

Por Resolución da Alcaldía 635/2014, do 8 de abril, aprobouse inicialmente o expediente 17/2013.PERI do Plan especial de reforma interior da UA 8, sita en Arteixo, redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P. e tramitado de oficio.

En virtude do disposto polo artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral os sábados, das 9.30 ás 13.30 horas), e presentar alegacións se o consideran oportuno.

Así mesmo, resolveuse suspender o outorgamento de licenzas no ámbito que se concreta nos terreos lindeiros coas vías urbanas Camiño dos Cabalos, entre Río Miño e Río Tambre; Río Tambre e Baños ata Ría de Vigo e senda peonil desde Camiño dos Cabalos pola fronte das rúas Domingo de Andrade e Pedro Monteagudo, excluídos os predios con referencia catastral 9947807NH3994N, 9947808NH3994N, 9947809NH3994N, 9947810NH3994N e incluídos os de referencia 9846310NH3994N e 9846311NH3994N.

Arteixo, 9 de abril de 2014

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo