Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 21 de maio de 2014 Páx. 22885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (339/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 339/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel López López contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza, cuxo fallo di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Manuel López López contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e a administración concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 11.610,44 euros brutos, polos salarios devindicados en setembro, decembro de 2012, e xaneiro e febreiro de 2013, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas do ano 2012 e 2013, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga) expido e asino o presente.

A Coruña, 29 de abril de 2014

A secretaria xudicial