Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 20 de maio de 2014 Páx. 22654

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal funcionario do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Con data do 7 de abril de 2014 rematou o prazo para presentar reclamacións que foi fixado pola Resolución do 21 de marzo de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 59, do 26 de marzo), pola que se fan públicas as listas provisionais. Unha vez que foron examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Comisión Permanente Central, na xuntanza que tivo lugar o 9 de maio de 2014, acordou elevar a listaxe definitiva á Dirección Xeral da Función Pública.

Esta dirección xeral, de conformidade co previsto no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as listas definitivas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes ao corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, coa indicación das puntuacións definitivas resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

As listas atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe función pública.

As listaxes indican:

– Os solicitantes admitidos con indicación da puntuación.

– Os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición; deberán consignar o nome e apelidos, o NIF, o número da conta bancaria e a localidade desta e achegar, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Cuarto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública