Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22541

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Axencia Estatal de Administración Tributaria

ANUNCIO de adxudicación directa, da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial de Galicia, pola que se poxa gasolina 98, gasolina 95, gasóleo de tipo A, B, C e gasóleo ao 0,1 (A2014R158600200101 e cinco máis).

A xefa da Dependencia Rexional de Recadación da Delegación Especial da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) de Galicia fai saber que, de conformidade co disposto no artigo 107.1.B do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, a delegada especial da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Galicia ditou acordo con data do 29 de abril de 2014, nos cales se decreta o alleamento, mediante adxudicación directa, dos bens que se detallan na relación de bens que se van poxar, incluída neste anuncio como anexo 1. As ofertas, en sobre pechado e dirixidas á xefa da Dependencia Rexional de Recadación, deben presentarse no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ás 14.00 horas do período comprendido entre as datas 9 de xuño de 2014 e 13 de xuño de 2014.

En cumprimento do citado artigo 107.8 e 101.4 do Regulamento xeral de recadación, publícase este anuncio e infórmaselles ás persoas que dexesen participar na poxa do seguinte:

Primeiro. Os bens que se poxan son 59.763 litros de gasolina 98, 240.062 litros de gasolina de 95, 866.393 litros de gasóleo A, 963.141 litros de gasóleo B, 256.172 litros de gasóleo C e 11.243 litros de gasóleo 0,1. A venda destes combustibles estará suxeita a todas as normas, cargas e impostos que rexen o comercio deste tipo de produtos.

Estos bens son alleados polo trámite de adxudicación directa previsto no artigo 107.1.b do Regulamento xeral de recadación no prazo máximo de seis meses.

O prezo de referencia dos bens obxecto da presente adxudicación é o seguinte:

– Gasolina 98: 59.763 litros × 0,53668 €/litro= 32.073,61 €.

– Gasolina 95: 240.062 litros × 0,51962 €/litro= 124.741,02 €.

– Gasóleo A: 866.393 litros × 0,56529 €/litro= 489.763,30 €.

– Gasóleo B: 963.141 litros × 0,55606 €/litro= 535.564,18 €.

– Gasóleo C: 256.712 litros × 0,55606 €/litro= 142.747,27 €.

– Gasóleo 0,1: 11.243 litros × 0,55606 €/litro= 6.251,78 €.

Se as ofertas non alcanzan o prezo de referencia poderanse adxudicar os bens sen prezo mínimo.

Segundo. Poderán tomar parte como licitadores nesta poxa todas as empresas con título de operador por xunto de produtos petrolíferos segundo o Real decreto 2487/1994, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 21 de xaneiro de 1995). A representación deberá acreditarse mediante escritura orixinal ou copia cotexada desta.

Os licitadores deberán presentar as súas poxas en sobre pechado entre os días 9 de xuño de 2014 e 13 de xuño de 2014 desde as 9.00 ata as 14.00 horas. As ofertas deben ir dirixidas á xefa da Dependencia Rexional de Recadación, que consistirán nun único prezo por cada lote que se vai allear, serán presentadas no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, facendo constar no exterior do sobre os datos identificativos dela. No sobre incluiranse, ademais da oferta e do depósito constituídos conforme o punto terceiro, os datos correspondentes ao nome e apelidos ou razón social, número de identificación fiscal e domicilio do licitador e do seu representante; orixinal ou copia cotexada das escrituras de constitución da sociedade e dos poderes do representante; acreditación de estar dado de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos; cheque do depósito (por cada lote).

As ofertas realizaranse independentemente para cada lote.

Terceiro. Todo licitador achegará coa súa poxa un depósito para cada lote. O importe do depósito para cada un dos lotes está determinado na relación de bens que se van poxar incluída neste anuncio.

O depósito deberá constituírse mediante cheque (a favor do Tesouro público) que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación.

Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, este depósito quedará á disposición da Administración actuante.

Cuarto. Finalizado o prazo de presentación de ofertas, en sesión reservada abriranse as poxas presentadas e procederase á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión do prazo para presentación de novas ofertas, ou mellorar as xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento e así sucesivamente, con límite total de seis meses.

Salvo indicación expresa en sentido contrario, as ofertas presentadas terán validez durante os seis meses do trámite da xestión directa.

A adxudicación realizarase á mellor poxa recibida, dentro dos prazos establecidos, para cada lote.

Quinto. O adxudicatario deberá ingresar na data da adxudicación, ou no prazo dos 15 días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

Sexto. O prezo de adxudicación non inclúe os impostos indirectos que gravan a transmisión dos bens. Todos os gastos e impostos derivados da transmisión serán por conta do adxudicatario. Os impostos específicos correspondentes ao produto devindicaranse ao abandono do réxime suspensivo acorde co estipulado polo artigo 7 da LIE.

Sétimo. Para todo o non previsto neste anuncio observarase o preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

A Coruña, 29 de abril de 2014

M. Monserrat Casal Bascoy
Xefa da Dependencia Rexional de Recadación de Axencia Estatal
de Administración Tributaria de Galicia

ANEXO 1
Relación de bens en adxudicación directa

Xulgado Central de Instrución número 4 da Audiencia Nacional

Dilixencias previas procedemento abreviado 56/2011

Por auto de data 11 de abril de 2012 acordouse o embargo dos bens obxecto do presente anuncio de alleamento:

– Adxudicación directa nº A2014R158600200101.

Lote 1.

Descrición: 59.763 litros de gasolina 98, que se encontran almacenados indiferenciadamente nas instalacións da Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (NIF A28018380).

Tipo de licitación: 32.073,61 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado, poderanse adxudicar sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituír (5 % tipo): 1.603,68 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional de Recadación, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.

Apertura de ofertas: a apertura das ofertas efectuarase no prazo máximo de dez días naturais, que se contarán desde o día despois á finalización do prazo de presentación.

Pagamento do prezo de adxudicación: o pagamento do prezo polo adxudicatario deberá realizarse no prazo máximo de 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación.

– Adxudicación directa nº A2014R158600200201.

Lote 1.

Descrición: 240.062 litros de gasolina 95, que se encontran almacenados indiferenciadamente nas instalacións da Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (NIF A28018380).

Tipo de licitación: 124.741,02 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado poderán adxudicarse sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituír (5 % tipo): 6.237,05 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional de Recadación, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.

Apertura de ofertas: a apertura das ofertas efectuarase no prazo máximo de dez días naturais, que se contarán desde o día despois á finalización do prazo de presentación.

Pagamento do prezo de adxudicación: o pagamento do prezo polo adxudicatario deberá realizarse no prazo máximo de 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación.

– Adxudicación directa nº A2014R158600200301.

Lote 1.

Descrición: 866.393 litros de gasóleo A, dos cales 847.564 litros se encontran almacenados indiferenciadamente nas instalacións da Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (NIF A28018380) e 18.829 litros están depositados na sociedade Terminales Portuarias, S.L. (NIF B62473301).

Tipo de licitación: 489.763,30 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado, poderán adxudicarse sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituír (5 % tipo): 24.488,17 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional de Recadación, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.

Apertura de ofertas: a apertura das ofertas efectuarase no prazo máximo de dez días naturais, que se contarán desde o día despois á finalización do prazo de presentación.

Pagamento do prezo de adxudicación: o pagamento do prezo polo adxudicatario deberá realizarse no prazo máximo de 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación.

– Adxudicación directa nº A2014R158600200401.

Lote 1.

Descrición: 963.141 litros de gasóleo B, que se encontran almacenados indiferenciadamente nas instalacións da Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (NIF A28018380).

Tipo de licitación: 535.564,18 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado poderán adxudicarse sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituír (5 % tipo): 26.778,21 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional de Recadación, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.

Apertura de ofertas: a apertura das ofertas efectuarase no prazo máximo de dez días naturais, que se contarán desde o día despois á finalización do prazo de presentación.

Pagamento do prezo de adxudicación: o pagamento do prezo polo adxudicatario deberá realizarse no prazo máximo de 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación.

– Adxudicación directa nº A2014R158600200501.

Lote 1.

Descrición: 256.712 litros de gasóleo C, que se encontran almacenados indiferenciadamente nas instalacións da Compañía Logística de Hidrocarburos, S.A. (NIF A28018380).

Tipo de licitación: 142.447,00 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado poderán adxudicarse sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituír (5 % tipo): 7.137,36 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional de Recadación, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.

Apertura de ofertas: a apertura das ofertas efectuarase no prazo máximo de dez días naturais, que se contarán desde o día despois á finalización do prazo de presentación.

Pagamento do prezo de adxudicación: o pagamento do prezo polo adxudicatario deberá realizarse no prazo máximo de 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación.

– Adxudicación directa nº A2014R158600200601.

Lote 1.

Descrición: 11.243 litros de gasóleo 0,1, que se encontran almacenados nas instalacións da sociedade Terminales Portuarias, S.L. (NIF B62473301).

Tipo de licitación: 6.251,78 €.

Ofertas: se as ofertas non alcanzan o valor sinalado poderán adxudicarse sen prezo mínimo.

Ofertantes: os ofertantes deberán acreditar que están dados de alta como operador por xunto de produtos petrolíferos.

Depósito que se deberá constituír (5 % tipo): 312,59 € mediante cheque conformado a favor do Tesouro público.

Prazo de presentación: desde o día 9 de xuño de 2014 ata o día 13 de xuño de 2014.

Lugar de presentación: as ofertas, en sobre pechado e dirixidas ao xefe da Dependencia Rexional de Racadación, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Delegación da AEAT na Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas.