Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22549

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás 9.00 horas do día 2 de xuño de 2014 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez, 3, a poxa de armas composta por 701 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 26, 27, 28, 29 e 30 de maio, neste acuartelamento, das 9.00 ás 14.00 horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega destes, coas ofertas, rematará ás 13.00 horas do día 30 de maio.

A ela poderán concorrer as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 8 de abril de 2014

Benedicto González Delgado
Coronel-xefe