Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22520

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de exposición pública do expediente relativo á proposta de convenio urbanístico para realización de actuacións en Cures.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 22 de abril de 2014, acordou tramitar a proposta de convenio urbanístico de colaboración formulada polo Arcebispado de Santiago de Compostela o 20 de marzo de 2014 para a realización de diversas actuacións na aldea de Cures.

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a exposición pública co fin de que os interesados poidan presentar as alegacións e/ou suxestións que consideren oportunas durante o prazo de 20 días hábiles, prazo que se contará desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación simultánea nun dos xornais de maior difusión da provincia da Coruña.

Boiro, 25 de abril de 2014

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde