Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración sucesiva de reactivos para a identificación de células de hematoloxía e o arrendamento sen opción de compra do sistema para a realización de hemogramas (MS-ASF1-14-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 45 14 y 981 33 67 62.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: MS-ASF1-14-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos para a identificación de células de hematoloxía e arrendamento sen opción de compra do sistema para a realización de hemogramas.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): si.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0 e 38434570-2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Calidade técnica: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Prazo de entrega: ata 4 puntos.

– Aportacións gratuítas en produto: ata 4 puntos.

– Comunicación electrónica co Servizo Galego de Saúde: ata 2 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 509.581,58 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 283.100,88 €.

b) IVE: 31.899,12 €.

c) Importe total: 315.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 19.6.2014.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 28.4.2014.

12. Outras informacións:

Ferrol, 28 de abril de 2014

P.D. (Orde do 5.7.2012, DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol