Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22397

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 8 de maio de 2014 pola que se fixan os prezos de venda ao público de dúas publicacións editadas por esta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

Mediante a presente orde establécense os prezos privados pola venda de dúas publicacións editadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar: Guía de criterios de sostenibilidad e integración paisajística de los establecimientos de acuicultura litoral, pola cantidade de 18,72 euros (IVE incluído), e Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral, pola cantidade de 18,72 euros (IVE incluído).

Artigo 2. Forma de liquidación e pagamento

O pagamento do prezo deberá terse realizado no momento de presentar a solicitude da publicación que se relaciona no anexo como requisito previo e necesario para a realización da entrega conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2014

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Guía de criterios de sostenibilidad e integración paisajística de los establecimientos de acuicultura litoral: 18,72 euros.

Guía de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral: 18,72 euros.