Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 19 de maio de 2014 Páx. 22498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de reconsignación ditada no expediente de expropiación 036-EOL.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles por anuncio no DOG a resolución de reconsignación ditada no expediente de expropiación 036-EOL ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, quen poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria de Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación.

Lugo, 5 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome e apelidos

Último domicilio coñecido

Mª Genoveva López Orosa

A Casa Lousada, A Balsa, Muras, Lugo

José Manuel Teijeiro Casado

Avenida das Camelias, 78-5º A, Vigo, Pontevedra

Bautista Blaseiro Orosa

Avenida del Cristo, 7-3º C, Oviedo, Asturias

Mª Consuelo López Orosa

Residencia de maiores Plácido Peña, 102, Vilalba, Lugo