Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22143

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (547/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, Xulgado de Familia de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de xuízo de modificación de medidas 547/2013, nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza nº 124.

Vigo, 10 de marzo de 2014.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 547/2013, sobre modificación de medidas, por instancia de Francisco Vidal Vázquez, como demandante, representado pola procuradora dos tribunais Eva Martínez Paz e baixo a asistencia letrada de Julia Viso Martínez, contra Paloma Pérez Biot, como demandada, declarada en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Martínez Paz, en nome e representación de Francisco Vidal Vázquez, contra Paloma Pérez Biot, declarada en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, estimo esta e acordo a extinción da pensión de alimentos que o demandante debía satisfacer aos seus fillos, con efectos a partir da presente resolución.

As custas impóñense á parte demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Paloma Pérez Biot, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 23 de abril de 2014