Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 16 de maio de 2014 Páx. 22139

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4479/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4479/2011 desta sección, seguido por instancia de José Carlos Leis Parada e outros contra Edificaciones Orivan, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 23 de abril de 2014.

Únanse os anteriores escritos –idénticos– encabezados polo letrado Fernando Escariz Fernández, en representación de José Carlos Leis Parada e outros, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Requírase da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña testemuño da sentenza 7057/2002, do 7 de novembro, recaída no recurso de suplicación 1153/2002, en que foi relator Felipe Soler Ferrer, con expresión da súa firmeza para a súa unión á peza do RCUD.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que produza efectos legais e sirva de notificación a Edificaciones Orivan, S.L., con último domicilio coñecido na travesa de Pastoriza, 56, baixo esquerda, 15140 Arteixo, advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2014

A secretaria xudicial