Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas procedencias de reintegro de axudas e subvencións do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, regulado na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR345B 2009/3-2 e TR345B 2009/44-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles ás interesadas o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de abril de 2014

P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2009/3-2.

Nome: Marlen Francisca González Sánchez.

DNI/NIF: 34281322-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Conde, 31, 3º D, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR345B 2009/44-2.

Nome: Monforte Alimentación, S.L.

DNI/NIF: B27382563.

Último enderezo coñecido: estrada de Chantada, km 2, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.