Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 2014 Páx. 21814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 24 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Política Social, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao no ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo 59, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia, nos procedementos iniciados por instancia súa que se indican.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Unidade de Coordinación da Dependencia (Subdirección Xeral de Dependencia e Valoración da Discapacidade), sita no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2014

Coro Piñeiro Vázquez
Secretaria xeral de Política Social

ANEXO

Procedemento-Nº de expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

BS211A 2012/118-3

Conde González, José Antonio

Requirimento de documentación