Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 2014 Páx. 21484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/3-2, 8140 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento provisional en r/ Castelao.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– LMTA illada trenzada con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio proxectado tipo HVH 17/2500 e final nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio proxectado tipo HVH 13/2500, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo RS 12/20 3x150 mm2.

– LMTS en r/ Castelao, con orixe na LMT a CT praza Galicia 17 (27CV37) e final na LMT a Urbanización Puerto Seco 2 (27CV07), cunha lonxitude de 270 metros en condutor RHZ1 12/20 KV 3x240 mm2.

– CT r/ Castelao, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400.

– RBTS baixo tubo con orixe no CT Castelao, cunha lonxitude de 35 metros, en condutor tipo XZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e en relación coa aplicación desas normas no presente caso, cómpre ter en conta a disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Por razón do que antecede e en virtude das competencias que ten atribuidas, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustaran en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 14 de abril de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas