Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 2014 Páx. 21366

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre os núcleos rurais de Treilán, Xoaine e Nogueiras.

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométense a información pública durante o prazo dun mes os núcleos rurais de Treilán (parroquia de Lamela), de Xoaine (parroquia de Entrambasaugas) e de Nogueiras (parroquia de Santa María de Ferroi), co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto nos xornais El Progreso, La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que se xulguen oportunas.

Guntín, 30 de abril de 2014

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde